Laura Piñeiro

Editora cinematográfica

Proxectos

Os espazos en branco

Non-ficción
|
76 min
|
2023

Un diálogo coa ausencia, un traxecto polos camiños da memoria. Unha carta entre o presente e o pasado. Os espazos en branco é unha crónica do intento de Bruno por traspasar a figura pública da poeta Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tía.
As persoas somos o que somos por quen nos inspira. Desde que nacemos, constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións os reflexos da xente á que admiramos, das nosas referencias.

Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.

Realizada coa subvención de AGADIC e Deputación da Coruña. Coa participación de CRTVG.


Reparto Lidia Veiga, Sheyla Fariña, Melania Cruz
Dirección Bruno Arias
Guión Bruno Arias, Lucía Ramiro Taboada
Montaxe Laura Piñeiro, Bruno Arias
Produción executiva Serea Films
Dirección de produción Bea Villar
Dirección de fotografía Miguel Gomar
Banda Sonora Dani Cornes
SELECCIÓNS

Festival Cineuropa, Sección Oficial Panorama Audiovisual Galego
Mostra Internacional de Cine Etnográfico, Actividade paralela
PLAY-DOC, Sección Galicia
Semana do Cine de Lugo, Cine Galego

PREMIOS

Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, Premio a Mellor Documental
Semana do Cine de Lugo, Premio a Mellor película