Laura Piñeiro

Editora cinematográfica

Proxectos

No seu lugar, outro: o barrio dos Maios

Non-ficción
|
11 min
|
2025

«No seu lugar, outro» é un espello roto onde cada fragmento mostra unha realidade distinta do mesmo territorio.

Unha serie dixital que reúne escritores e cineastas para reflexionar, mediante pezas audiovisuais de creación, sobre o concepto de lugar e a relación co espazo que habitamos, abordado desde distintas miradas. As tres obras que conforman a colección están realizadas polas parellas creativas Lucía Aldao e Coral Piñeiro, Fran Rodríguez e Keith Payne, e Álvaro Gago e Berta Dávila.

Este episodio corresponde visión do barrio dos maios realizada por Coral Piñeiro cun texto de Lucía Aldao.

Dirección: Coral Piñeiro | Texto: Lucía Aldao | Montaxe: Laura Piñeiro, Coral Piñeiro | Produción: Sombriza Films | Dirección de fotografía: Sara Temes | Banda Sonora: Dani Cornes