



Editora cinematográfica

Peza audiovisual con con música en directo realizada dende Memoria e Cinema para a sesión inaugural da XIX edición da Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE) en homenaxe a Dorothé Schubath.
Falecida en setembro de 2023, as súas investigacións sobre os repertorios folclóricos europeos trouxérona ata Galicia. A finais dos 70 e durante os 80 recorreu o noso país para recoller cancións, músicas e bailes, sempre con criterios científicos e introducindo a perspectiva das persoas informantes. Gran parte desa música popular foi creada e interpretada por mulleres que quedaron no anonimato do “colectivo” ata que chegou Dorothé e puxo os seus nomes a cada unha das composicións. O resultado dese traballo foi o monumental «Cancioneiro Popular Galego», que se converteu nunha obra fundamental para o coñecemento do noso patrimonio, con máis de 5.000 pezas rexistradas por gran parte da nosa xeografía. A obra, realizada en colaboración con Antón Santamarina, foi editada a partir de 1984 en sete volumes pola Fundación Barrié.
Na actualidade, esas gravacións e os materiais que as acompañaban consérvanse no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego, os cales foron utilizados para a realización desta peza en directo coa intención de amosar e trasladar á xente todo ese traballo e a realidade e contexto da música tradicional na Galicia daquela época.



