Laura Piñeiro é montadora de cine e televisión graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e con mestrado en Montaxe pola Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (ESCAC).
Actualmente centra o seu traballo no cinema independente galego. Ademais, Forma parte do colectivo audiovisual Memoria e cinema, onde traballan narrativas da memoria como unha ferramenta fundamental para entender o noso pasado, presente e futuro.

MÁSTER EN MONTAXE
2021 – 2022, Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (ESCAC)
PRÁCTICAS DE MONTAXE
2022, Alfonsín Digital Lab
GRAO EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL
2016 – 2020, Universidade de Santiago de Compostela (USC)
CURSO DE MONTAXE
2020, Lens Escuela (con Diana Toucedo, Fernando Franco e Armad Rovira)
BOLSEIRA DE AXUDANTE DE REALIZACIÓN
2020, Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG)
SEMINARIO DE COMUNICACIÓN SOCIAL E COOPERACIÓN INTERNACIONAL
2020, Asociación Galega para o Cambio Social (AGARESO)
KIRO | 2025 | AXUDANTÍA DE MONTAXE
Longametraxe documental dirixida por María Yáñez e producida por Miramemira co financiamento de CRTVG, AGADIC e ICAA
A OUTRA ESCENA | 2025 | MONTADORA
Curtametraxe de ficción dirixida por Claudia Berro e Marta Ínsua e producida por Mala Herba Producións co premio Luisa Villalta.
ESCALA UN CINCUENTAMIL | 2025 | MONTADORA
Curtametraxe de non ficción dirixida por Ángel Suanzes e producida por Rebordelos co financiamento de AGADIC
NO SEU LUGAR, OUTRO | 2025 | MONTADORA
Peza audiovisual de contidos dixitais. Montaxe para o episodio dirixido por Álvaro Gago. Co-montaxe do episodio dirixido por Coral Piñeiro. Coa financiamento de CRTVG.
SALTAR | 2025 | MONTADORA
Curtametraxe documental dirixida por Lía Lugilde e producida por Freews Producciones coa financiación de ICAA
AS LIÑAS DESCONTINUAS | 2024 | MONTADORA E AXUDANTE DE MONTAXE
Longametraxe de ficción dirixida por Anxos Fazáns e producida por Sétima coa financiamento de CRTVG, AGADIC e ICAA
PRINGADAS | 2024 | MONTADORA
Segunda tempada da serie dixital dirixida por Belén Puime e producida por Brava para CRTVG
IT JUST HAPPENED AGAIN | 2024 | MONTADORA
Videoclip dirixido por Lara Caeiro para a canción it just happened again da artista Helena Egea
LOS DIAS FELICES | 2024 | MONTADORA
Videoclip dirixido por Roi Grandío e Meritxell A. Valls para a canción los días felices do grupo musical Grandío
RAÍÑA-ME | 2024 | MONTADORA
Programa de televisión dirixido por Álvaro González e realizado por Miguel Gomar. Producido por Brava para CRTVG
SUSURROS | 2024 | MONTADORA
Curtametraxe de ficción dirixida por Antonio Llaneza e producida por Cristina Estragués
586 CANTOS | 2024 | GUIONISTA E MONTADORA
Espectáculo de audiovisual e música en directo realizado para a sesión inaugural da XIX edición da Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE)
TRAILER LUNA | 2024 | MONTADORA
Trailer da longametraxe documental Luna dirixida por Pablo Casanueva e producida por Solombra
CRÓNICAS DUN NON | 2024 | AXUDANTE DE MONTAXE
Longametraxe documental dirixida por Fernando Peñaño e producida por Serea Films coa subvención de AGADIC (en posprodución)
OS RÍOS DA VIDA | 2023 | MONTADORA
Programa de televisión dirixido e realizado por Matías Tarrío. Producido por «La Región» para CRTVG
DA TÚA MAN PARA A MIÑA | 2023 | MONTADORA E AXUDANTE DE MONTAXE
Longametraxe documental dirixida por Coral Piñeiro e Fran Rodríguez Casal e producida por Miramemira coa subvención da AGADIC (en posprodución)
NÓMADES | 2023 | MONTADORA
Webserie dirixida por Marta Insua e producida por Mala Herba Producións coa subvención da AGADIC
O PATIO | 2022 | MONTADORA
Curtametraxe de ficción dirixida por Ariadna Cordal e producida por Recrea Films e Mala Herba Producións
A VIAXE DE LUCY | 2022 | SEGUNDA MONTADORA
Longametraxe documental dirixida por Ruth Chao e producida por Somadrome Films coa subvención de AGADIC e a participación de Odisea, Curiosity Stream e RTVE.
OS ESPAZOS EN BRANCO | 2022 | MONTADORA E AXUDANTE DE MONTAXE
Longametraxe documental dirixida por Bruno Arias e producida por Serea Films, coa subvención da AGADIC e a Deputación da Coruña e co apoio da CRTVG
O COIDADO | 2022 | MONTADORA
Curtametraxe de ficción dirixida por Miguel Canalejo coa subvención da AGADIC
LOS ENVIADOS | 2022 | LOGGER
Serie de televisión dirixida por Juan José Campanella e producida por 100 Bares e Paramount+
YALAH | 2022 | MONTADORA
Videoclip dirixido e producido por Coral Piñeiro e Fran Rodríguez Casal para a canción yalah do grupo musical DeNinghures
NA PEL DA MEMORIA | 2022 | DIRECTORA, GUIONISTA E MONTADORA
Curtametraxe documental dirixida por Coral e Laura Piñeiro e producida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación Memoria e Cinema
DORES | 2020 | GUIONISTA E MONTADORA
Curtametraxe documental dirixida por Coral Piñeiro e producida coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC)